12.27.06
- Resumo da Asemblea Xeral da Asociación da Prensa de Santiago 2006
RESUMO DA ASEMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN DA PRENSA DE SANTIAGO 2006 Na asemblea xeral despois de ler e aproba-la acta da asemblea anterior, o Presidente, fixo un resumo das principais actividades realizadas o ano pasado, salientando o remate do saneamento das contas da asociación que, por fin, non ten débedas coa Fape, a Federación Española de Periodístas, que ese é o seu nome actual, despois de cambia-lo. Precisamente tamén se deu conta do aprobado na asemblea xeral de FAPE, en Burgos, na que amais de cambia-lo nome, se debatiu dabondo sobre o futuro da profesión e o papel que as asociacións teñen que xogar na toma de decisións lexislativas.