01.12.07
- Campaña electoral 27-M. Debate dos candidatos a Santiago coas asociacións de veciños e comerciantes
Santiago, 12.- Esta tarde tivo lugar no Casino de Santiago un debate entre 17 asociacións de vecinos de Santiago de Compostela e representantes do PP (Xerardo Conde Roa) PsdeG-PSOE (Bernardino Rama) e BNG (Néstor Rego). O acto foi organizado pola Asociación da Prensa de Santiago de Compostela; ó comezo do mesmo leuse un comunicado asinado polas asociacións da prensa de España e o Colexio de Xornalistas de Catalunya solicitando a editores, empresas e partidos políticos respecto, equidade, pluralidade e criterios profesionais así como facilidades para o desenvolvemento do traballo do xornalista durante esta campaña electoral.
O debate transcorreu durante hora e media e os representantes tanto de PP como de BNG criticaron a ausencia do mesmo do candidato e actual alcalde socialista, Xosé Sánchez Bugallo. Os veciños prantexaron diversos aspectos de problemáticas diarias entre os que salientaron a falla dun servizo eficaz de transporte público, sobre todo na zona norte, a atención e aplicación de mais investimentos nas zonas rurais, o demora nas obras da ronda de Cornes, a falta de cumprimentos en barrios como o Castiñeiriño, ou a necesidade de que a zona monumental teña un único organismo de decisión. O final do debate, o candidato do PP e o do PSOE tiveron un pequeno enfrontamento verbal canto a depuradora da Silvouta. Para Conde Roa é lamentable que unha importante cantidade de verquidos vaian ó río Tambre sen depurar, para Rama a culpa orixinouse no anterior goberno popular e as promesas incumpridas canto á mellora e ampliación da depuradora.