03.22.08

Falece o xornalista de TVE, Agustín Díaz Blanco

Posted in Novas at 8:28 pm por apsantiago

O coñecido xornalista, Agustín Diaz Blanco, faleceu subitamente na mañá do sábado 22. O xornalista desenvolvía a sua actividade profesional no centro de TVE en Santiago e iniciara a súa actividade no Ideal Gallego de Coruña para posteriormente pasar a redacción de Santiago, traballou tamén en La Voz de Galicia e despois foi inspector de Educación antes de entrar en RTVE.

agustin-diaz.jpgAgustín Díaz, que recibirá o domingo 23 de marzo sepultura no seu lugar de nacemento, dirixiu xunto con José Antonio Portero Molina, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade da Coruña, oito capítulos sobre a historia da autonomía de Galicia, unha xénese do Estatuto desde súas 25 anos de vixencia ata o último intento de reforma.

Concelleiro por Unidade Galega en Compostela, na primeira corporación democrática, Tintxu, como era popularmente coñecido, desenvolveu unha intensa actividade profesional e comprometida co movemento cristián de base sendo colaborador habitual da revista “Encrucillada” entre outras moitas publicacións.

Desde seu prejubilación fai un ano compaxinaba o seu amor ao deporte e ás actividades ao aire libre como o senderismo, con tarefas solidarias como a súa colaboración co Teléfono da Esperanza.

Deixa tres fillos . A conducción do cadaver tivo lugar este domingo día 23 de marzo no Cemiterio de Santa Mariña de Ramil no concello lugués de Castro de Rei.

D.E.P.