04.25.08

- RAFAEL CID CONSEGUE O SEGUNDO PREMIO XOSÉ AURELIO CARRACEDO CUN DOCUMENTAL SOBRE O DESPOBOAMENTO NO RURAL

Publicado en Novas a 11:35 pm por apsantiago

5 abril 2008.- O PRIMEIRO GAÑOUNO JESÚS MANUEL GARCÍA POLOS SEUS TRABALLOS SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL

O asociado da APSC Rafael Cid conseguiu o segundo premio desta edición por un documental titulado “Queda alguén aí?” emitido pola TVE en Galicia e na que se aborda o crecente despoboamento do medio rural e a necesidade de afrontar mecanismos dinamizadores e reequilibradores para evitar á súa morte. O importe deste segundo premio é de 3.000 euros. Rafael Cid xa gañara EN 2.004 o primeiro premio Carracedo con “Carrilanos. Os túneles dun tempo” .

O primeiro premio desta edición foi para o xornalista Jesús Manuel García Díaz, de La Voz de Galicia en Ourense, por unha colección de traballos publicados nese xornal e que teñen como nexo común á defensa e promoción do patrimonio cultural ourensán. O xurado, que valorou a calidade e o rigor xornalístico do premiado tamén tivo en conta o seu labor de divulgación e sensibilización sobre un patrimonio de gran valor, con mención especial ó caso da Catedral de Ourense. O primeiro premio está dotado con 5.000 euros.

O xurado estivo presidido polo deputado provincial de cultura, José Luis Valladares Fernández, e integrado polos vocais Mari Luz Villar, Iria Salgado, José Jaime Vázquez e Xosé Lois Carreira.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2008

Deixa un comentario