04.22.08

- Compostela quere ser sede dun congreso internacional de xornalistas en 2010

Posted in Asociación, Novas at 8:01 pm por apsantiago

Santiago 22 de abril 2008.- A directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán. Na xuntanza, os xornalistas explicáronlle a Sánchez Bugallo as actividades que a entidade ten previstas para os vindeiros meses e o avance dalgunhas máis a longo prazo.

Audiencia do Alcalde á directiva da APSCEn particular, a APSC ten en mente diversas actividades con motivo da celebración en 2010 do Ano Xacobeo. A principal é a organización na cidade dun congreso internacional de xornalistas, en colaboración coa Asociación de Periodistas Europeos, presidida por Diego Carcedo. O alcalde amosouse moi receptivo a esta idea, así como tamén á creación dun premio xornalístico que levará o nome de Raimundo García Domínguez “Borobó”.

A Asociación da Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), conta xa con 68 anos de historia e agrupa aos xornalistas que desenvolven o seu labor profesional no ámbito de Santiago de Compostela e a súa comarca. Está integrada na Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE).

03.09.08

Falece o noso compañeiro Felipe Molinero Gil

Posted in Asociación at 1:42 pm por apsantiago

Felipe MolineroFelipe Molinero Gil, xefe de Prensa do Concello de Santiago desde 1997, falecía o sábado 8 de marzo  aos 46 anos de idade tras unha longa e penosa doenza. Natural de Bilbao, residía desde fai máis de dúas décadas na capital galega. Molinero integrárase moi activamente na vida de Compostela, onde traballou como xornalista no Ideal Galego, antes de aterrar en Raxoi no 1989 e oito anos máis tarde ser nomeado xefe de Prensa. Formaba parte da xunta directiva da Asociación de Xornalistas de Santiago. Era amante da natureza, do senderismo, das viaxes e gustáballe a literatura, o cine e as boas conversacións. Bo profesional e mellor persoa, crítico, íntegro e leal cos seus amigos, loitou ata o último momento pola vida co apoio incondicional da súa muller, Lourdes, e do seu neno de catro anos, Jan. O seu corpo foi incinerado o domingo 9  no edificio de servizos funerarios do hospital Clínico.

———————————

In Memoriam

A Felipe Molinero Gil

Nada peor para un xornalista que escribir unha nota necrolóxica, máis se cabe se se trata dun compañeiro e amigo. Pero como tal ésta non é ou, alomenos, tentarei que non leve as tinguiduras mouras do funesto. Quero, no nome de tódolos compañeiros xornalistas de Santiago, lembrar a Felipe Molinero Gil co optimismo do seu mellor quefacer profisional sexan cales foran as dificultades, no sorriso cando acadaba o cumio dunha montaña, a calor da amizade cando te recibía ou volvíalo ver entre viaxe e viaxe.

Felipe, xefe de prensa do Concello de Santiago, directivo da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) levaba vinte anos entre nós e xa era un compostelán máis. Bilbaíno, tiña 46 anos e comezou a súa carreira profesional aquí no Ideal Gallego na súa delegación en Santiago. Desde 1997 ocupou a responsabilidade do gabinete de prensa do Axuntamento. Desde o principio notamos o seu celo como profesional independente, a súa defensa dos principios deontolóxicos, a dignidade do xornalista por riba de calquera burda tentación, a súa aposta pola unidade e o asociacionismo entre compañeiros. Teimudo e indobregable en todo aquelo no que no se pode ceder, sempre foi un exemplo para nós. Tras certa frialdade cando de asuntos serios se tratase –non daba cancha as veces a desdramatización ou a ironía- sabía tamén relativizar intelixentemente as cousas. Pero tiñamos outro Felipe simpático e socarrón cando entrabamos nos círculos da confianza e nos comentarios “off the record”. Compoñente activo dunha selecta tertulia semanal de xornalistas sempre aportaba as súas luces de lector impenitente, clásicos ou modernos, ensaio histórico ou novela, endexamais literatura de usar e tirar. Como home de bo gusto era un auténtico melómano e asistía con frecuencia os concertos do Auditorio na compaña de Lourdes, a súa muller, a quen lle enviamos un forte abrazo de amizade e simpatía, ao igoal que a Juan Jesús, o seu pequeno.

Felipe Molinero Gil, un gran valor que se nos foi. Adeus amigo. Leva contigo a mellor aperta de todos nós.

Luís Menéndez Villalva
Presidente Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC).

03.05.08

Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela

Posted in Asociación at 2:24 pm por apsantiago

A Asociación da Prensa de Santiago de Compostela (APSC), con máis de 6 décadas de historia, segundo os seus estatutos “é unha entidade profesional que agrupa ós xornalistas que desenvolven o seu labor profesional no ámbito de Santiago de Compostela e a súa comarca”.

A APSC está integrada na Federación de Asociacións da Prensa de España (FAPE), colectivo de 42 asociacións de xornalistas en todo o Estado e que agrupan a 15.000 profesionaisl. A APSC é tamén a representante de Galicia no Consello Xeral da FAPE. Forman parte tamén da FAPE as asociacións da Coruña e Lugo.

05.05.07

- Acto en Vilagarcía, “Panos brancos contra a droga”

Posted in A APS na Prensa at 10:09 pm por apsantiago

05.04.07

- Reporteiros sen Fronteiras presenta en Santiago o seu informe anual

Posted in A APS na Prensa at 9:20 pm por apsantiago

Galicia Hoxe (20070504) .- Reporteiros sen fronteiras contabilizou no seu informe anual un total de 155 profesionais da comunicación mortos na guerra de Iraq desde marzo de 2003, o que case triplica os 63 profesionais mortos durante os 20 anos que durou o conflito bélico en Vietnam. A xornalista e directora da sección española de Reporteiros sen fronteiras, Mamem Gurruchaga, e o presidente da Asociación de Prensa de Santiago de Compostela (APSC), Luis Menéndez, presentaron onte en Santiago de Compostela o informe sobre a situación profesional dos xornalistas e conmemoraron, como cada ano, o Día Internacional da Liberdade de Prensa.

- Día Internaciona da Liberdade de Prensa

Posted in A APS na Prensa, Actos da APS, Informes at 7:42 pm por apsantiago

Jueves 3 de mayo 2007

17 Día Internacional de la Libertad de Prensa  21 periodistas y colaboradores han muerto por hacer su trabajo desde el comienzo del año 2007.135 profesionales de los medios se encuentran actualmente encarcelados (131 periodistas y 4 colaboradores).62 ciberdisidentes están entre rejas por intentar expresarse en Internet.Cifras al 6 de abril 2007 (actualizadas diariamente en www.rsf.org) informe de Xornalistas sen Fronteiras.doc    Fotos do acto

01.12.07

- Campaña electoral 27-M. Debate dos candidatos a Santiago coas asociacións de veciños e comerciantes

Posted in Actos da APS at 9:04 pm por apsantiago

Santiago, 12.- Esta tarde tivo lugar no Casino de Santiago un debate entre 17  asociacións de vecinos de Santiago de Compostela e representantes do PP (Xerardo Conde Roa) PsdeG-PSOE (Bernardino Rama) e BNG (Néstor Rego). O acto foi organizado pola Asociación da Prensa de Santiago de Compostela; ó comezo do mesmo leuse un comunicado asinado polas asociacións da prensa de España e o Colexio de Xornalistas de Catalunya solicitando a editores, empresas e partidos políticos respecto, equidade, pluralidade e criterios profesionais así como facilidades para o desenvolvemento do traballo do xornalista durante esta campaña electoral. 

O debate transcorreu durante hora e media e os representantes tanto de PP como de BNG criticaron a ausencia do mesmo do candidato e actual alcalde socialista, Xosé Sánchez Bugallo. Os veciños prantexaron diversos aspectos de problemáticas diarias entre os que salientaron a falla dun servizo eficaz de transporte público, sobre todo na zona norte, a atención e aplicación de mais investimentos nas zonas rurais, o demora nas obras da ronda de Cornes, a falta de cumprimentos en barrios como o Castiñeiriño, ou a necesidade de que a zona monumental teña un único organismo de decisión. O final do debate, o candidato do PP e o do PSOE tiveron un pequeno enfrontamento verbal canto a depuradora da Silvouta. Para Conde Roa é lamentable que unha importante cantidade de verquidos vaian ó río Tambre sen depurar, para Rama a culpa orixinouse no anterior goberno popular e as promesas incumpridas canto á mellora e ampliación da depuradora.

   

12.27.06

- Resumo da Asemblea Xeral da Asociación da Prensa de Santiago 2006

Posted in Actos da APS, Informes at 8:44 pm por apsantiago

 RESUMO DA ASEMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN DA PRENSA DE SANTIAGO 2006 Na asemblea xeral despois de ler e aproba-la acta da asemblea anterior, o Presidente, fixo un resumo das principais actividades realizadas o ano pasado, salientando o remate do saneamento das contas da asociación que, por fin, non ten débedas coa Fape, a Federación Española de Periodístas, que ese é o seu nome actual, despois de cambia-lo. Precisamente tamén se deu conta do aprobado na asemblea xeral de FAPE, en Burgos, na que amais de cambia-lo nome, se debatiu dabondo sobre o futuro da profesión e o papel que as asociacións teñen que xogar na toma de decisións lexislativas.