04.25.08

- RAFAEL CID CONSEGUE O SEGUNDO PREMIO XOSÉ AURELIO CARRACEDO CUN DOCUMENTAL SOBRE O DESPOBOAMENTO NO RURAL

Posted in Novas at 11:35 pm por apsantiago

5 abril 2008.- O PRIMEIRO GAÑOUNO JESÚS MANUEL GARCÍA POLOS SEUS TRABALLOS SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL

O asociado da APSC Rafael Cid conseguiu o segundo premio desta edición por un documental titulado “Queda alguén aí?” emitido pola TVE en Galicia e na que se aborda o crecente despoboamento do medio rural e a necesidade de afrontar mecanismos dinamizadores e reequilibradores para evitar á súa morte. O importe deste segundo premio é de 3.000 euros. Rafael Cid xa gañara EN 2.004 o primeiro premio Carracedo con “Carrilanos. Os túneles dun tempo” .

O primeiro premio desta edición foi para o xornalista Jesús Manuel García Díaz, de La Voz de Galicia en Ourense, por unha colección de traballos publicados nese xornal e que teñen como nexo común á defensa e promoción do patrimonio cultural ourensán. O xurado, que valorou a calidade e o rigor xornalístico do premiado tamén tivo en conta o seu labor de divulgación e sensibilización sobre un patrimonio de gran valor, con mención especial ó caso da Catedral de Ourense. O primeiro premio está dotado con 5.000 euros.

O xurado estivo presidido polo deputado provincial de cultura, José Luis Valladares Fernández, e integrado polos vocais Mari Luz Villar, Iria Salgado, José Jaime Vázquez e Xosé Lois Carreira.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2008

04.22.08

- Compostela quere ser sede dun congreso internacional de xornalistas en 2010

Posted in Asociación, Novas at 8:01 pm por apsantiago

Santiago 22 de abril 2008.- A directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán. Na xuntanza, os xornalistas explicáronlle a Sánchez Bugallo as actividades que a entidade ten previstas para os vindeiros meses e o avance dalgunhas máis a longo prazo.

Audiencia do Alcalde á directiva da APSCEn particular, a APSC ten en mente diversas actividades con motivo da celebración en 2010 do Ano Xacobeo. A principal é a organización na cidade dun congreso internacional de xornalistas, en colaboración coa Asociación de Periodistas Europeos, presidida por Diego Carcedo. O alcalde amosouse moi receptivo a esta idea, así como tamén á creación dun premio xornalístico que levará o nome de Raimundo García Domínguez “Borobó”.

A Asociación da Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), conta xa con 68 anos de historia e agrupa aos xornalistas que desenvolven o seu labor profesional no ámbito de Santiago de Compostela e a súa comarca. Está integrada na Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE).

03.22.08

Falece o xornalista de TVE, Agustín Díaz Blanco

Posted in Novas at 8:28 pm por apsantiago

O coñecido xornalista, Agustín Diaz Blanco, faleceu subitamente na mañá do sábado 22. O xornalista desenvolvía a sua actividade profesional no centro de TVE en Santiago e iniciara a súa actividade no Ideal Gallego de Coruña para posteriormente pasar a redacción de Santiago, traballou tamén en La Voz de Galicia e despois foi inspector de Educación antes de entrar en RTVE.

agustin-diaz.jpgAgustín Díaz, que recibirá o domingo 23 de marzo sepultura no seu lugar de nacemento, dirixiu xunto con José Antonio Portero Molina, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade da Coruña, oito capítulos sobre a historia da autonomía de Galicia, unha xénese do Estatuto desde súas 25 anos de vixencia ata o último intento de reforma.

Concelleiro por Unidade Galega en Compostela, na primeira corporación democrática, Tintxu, como era popularmente coñecido, desenvolveu unha intensa actividade profesional e comprometida co movemento cristián de base sendo colaborador habitual da revista “Encrucillada” entre outras moitas publicacións.

Desde seu prejubilación fai un ano compaxinaba o seu amor ao deporte e ás actividades ao aire libre como o senderismo, con tarefas solidarias como a súa colaboración co Teléfono da Esperanza.

Deixa tres fillos . A conducción do cadaver tivo lugar este domingo día 23 de marzo no Cemiterio de Santa Mariña de Ramil no concello lugués de Castro de Rei.

D.E.P.